Friday 17 de May de 2024

Aitor Bouza interpela ao bipartito co Pacto polo Rural: “queremos saber cal é a planificación do goberno para o rural no 2024?”


O Secretario Xeral dos socialistas mantivo unha reunión con representantes da Federación de Asociacións Veciñais do Rural na que abordaron algunhas das súas demandas e necesidades.

O PSdeG de Santiago vén de reunirse con representantes de FERUSA, a Federación de Asociacións Veciñais do Rural, para reafirmarse no seu compromiso na “defensa dos intereses va veciñanza do rural”.

Aitor Bouza que fixo fincapé no Pacto polo Rural asinado por todas as forzas políticas, interpelando ao bipartito para o seu cumprimento: “queremos saber cal é a planificación que ten prevista o goberno de Goretti Sanmartín para o rural no 2024?”. Unha pregunta directa ao goberno municipal coa que pretenden amosar o seu “convencemento” en que o acordo asinado coas asociacións do rural “ten que cumprirse”.

No encontro con Cruz Vázquez e no que participou tamén a secretaria de Participación Cidadá, Veciñanza e Medio Rural, Isabel Gómez, serviu para “escoitar de primeira man as súas demandas que teñen para o noso concello” explicou Bouza que asegurou estar disposto a “traballar para que o Pacto polo Rural se cumpra e o rural conte”.